+can+1_0650.jpg)
A Virxe de Pastorizavelaí vai na súa barca,alá no medio do mar,
tódalas augas aparta.A Virxe de Pastoriza
queda sentada na porta,para ver aos seus romeiroscomo lle suben a costa.Pescador que estás pescando,péscame unha robaliza,para levar de regaloá Virxe de Pastoriza.A Virxe de Pastorizaten o camarín de pedra,¡ben o podería ter de prata,miña Virxe se quixera!A Virxe de Pastorizaten unha galiña branca,que cando lle botan millo
para de comer e canta.Miña Virxe de Pastoriza,a das ovelliñas brancas,tírame esta espiña negra,que se me cravou na alma.A Virxe de Pastorizaben a vín pola vidreira,algo moreniña queda,por causa do sol que a queima.Adeus ás ostras do Burgo,e ás ostras do Pasaxe.A Virxe de Pastoriza,nos dea a todos boa viaxe.
Música da rianxeira
No hay comentarios:
Publicar un comentario