Proclama a miña alma a grandeza do Señor,
alédase o meu espírito en Deus o meu Salvador”








22.5.09

Santa María de Pastoriza, Peregrina

A Confraría de Santa María de Pastoriza. tomou con entusiasmo a iniciativa proposta polo noso párroco D. Xosé, de peregrinar como un dos santuarios máis antigos de Galicia a Santa María a Maior de Pontevedra, que está a rematar con grande éxito o seu ano Xubilar co gallo do seu milenario como parroquia, e a celebralo coa Nai acudiron moitos devotos de toda Galicia.
Na compaña de Nosa Señora de Pastoriza, Peregrina, parte mañán cara Pontevedra, con alegría e cheos de amor a María, que xa nos espera, un nutrido grupo de fregreses e Confrades.
Sumaráse tamén á peregrinación a nova e entusiasta Parroquia de Nosa Señora dos Rosales da Coruña, que celebra o primeiro anivesario da bendición do seu novo templo, antigo e novo amor a María se unen en Pontevedra.
Levaremos tamén no noso corazón a moitos devotos e devotas que están xa á sua beira no ceo como a nosa querida señora Teresa, que tantos anos a coidou e amou.
In memoriam

No hay comentarios: