“Proclama a miña alma a grandeza do Señor,
alédase o meu espírito en Deus o meu Salvador”
20.6.14
Catequese
Está a chegar o día máis agardado polos nenos e nenas da Catequese, a primeira vez que van recibir a Xesús!
Todo está a punto, traxe, zapatos, peiteado, vacacións no cole....
Tempo de repaso, e para o facer mellor, deixamos aquí este enlace que esperamos axude a todos, avoas, pais, nais.
Clicade e disfrutade comprobando todo o que sabedes. Ata o domingo!
12.4.14
Dolorosa
A Dolorosa perecorreu onte, un ano máis, as rúas da Pescadería, milleiros de persoas a acompañaron no seu percorrido procesional presidido polo Exmo. Sr. Arcebispo Don Xulián Barrio.
Na Rúa Real, a Coral da Casa do Mar coa adicoulle a tradicional Salve Mariñeira que chega sempre aos corazóns con especial emoción, e máis este ano de tantos accidentes marítimos.
Xa de volta á entrada da Rúa de San Nicolás, un grupo de devotos cantou a Salve Popular.
No atrio de San Nicolás, foi recibida pola Coral Polifónica O Eco interpretando o Stebat Mater.
Na súa casa, San Nicolas, estremecéronse os corazóns ao son da súa Salve:
"Salve Reina y madre nuestra
oye el cántico que entona
el pueblo de tus amores.
Santa Madre del Dolor,
es el alma coruñesa
que te bendice y corona,
haciendo suyas tus penas
te entrega todo su amor"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)