Proclama a miña alma a grandeza do Señor,
alédase o meu espírito en Deus o meu Salvador”








16.4.11

A Dolorosa


A Dolorosa, Raíña dos nosos corazóns, percorreu as rúas da Coruña, abrindo a Semana Santa:

Acompañámoste na túa amargura,
Virxe das Dores, bendite e pura.

A nosa Nai Dolorosa, coma sempre, no seu percorrido foi acompañada por milleiros de devotos e devotas.
Á entrada da Rúa Real, interpretouse dende as escalerias do Casino a tradicional Salve mariñeira. De volta a San NIcolás a esperaba no adro, a Coral Polifónica O Eco que interpretou unha peza musical, e  foi bailada entre aplausos.


 
A emoción dos presentes,  ao vela  no arco da entrada, foi grande.




Finalizou a cerimonia coa Salve coruñesa:


"Salve Reina y madre nuestra

oye el cántico que entona

el pueblo de tus amores,

Santa Madre del Dolor,

es el alma coruñesa

que te bendice y corona,

haciendo suyas tus penas

te entrega todo su amor"



No hay comentarios: