Proclama a miña alma a grandeza do Señor,
alédase o meu espírito en Deus o meu Salvador”








24.6.09

Nosa Señora do Corpiño


Celébrase a Romería na súa honra os días 23 e 24 de xuño, en Losón; Lalín, hai unha procesión ao redor do seu Santuario que congrega a multitude de fieis de toda Galicia.
Loas á Virxe do Corpiño

Madre miña do Corpiño
luz que toda luz encerra
alegría da terra,
dame enteiro o teu cariño.
No teu Santuario sagrado
Consuelo atopaa o aflixido
encontra guía o perdido
e cura o endemoniado.
Eres a gloria do Deza,
do país gran lumiar
os teus romeiros a cantar
veñen, Madre, a tua grandeza.
Vos descubrídes os achaques
do espírito maligno
por vos moitos voltan sanos
de malvados feitizos.
Aquí formaches o teu niño
blanca e celestial paloma,
e aquí ven o povo unido
como a sua pequena Roma.
Da Coruña e de Lugo
de Ourense e Pontevedra,
todos encontramos consolo
ata na tua imaxe de pedra.
E pronto do mundo enteiro
vendremos en romería
que o mundo faise romeiro,
se lle falan de Ti, María!


No hay comentarios: