Proclama a miña alma a grandeza do Señor,
alédase o meu espírito en Deus o meu Salvador”








7.6.09

Evanxeo do Domingo X do Tempo Ordinario

No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo: o misterio de Deus aí, na nosa man, coma un veciño amigo e íntimo, confidencial. Moito máis aínda, porque fixo morada en nós: un Pai que nos coida, un Irmán que nos acompaña, un Espírito que co seu alento nos dá a vida e nos move. En definitiva un Deus que non se distancia do ser humano senón que o integra na súa intimidade e no amor que o configura como Ser e como Misterio. Xornada pro orantibus. Está ben escollido o día. Este é o día dos adoradores de Deus, dos que recoñecen a maravilla íntima creadora e silente da súa shekiná, a presenza inefable, o amor que nos envolve, a nube que nos protexe, o sol que nos alumea, o aire que alentamos, a Vida… Que o Deus de Xesús vos garde e bendiga, como acostuma.

Andrés G.V

No hay comentarios: