Proclama a miña alma a grandeza do Señor,
alédase o meu espírito en Deus o meu Salvador”








8.12.12

Vixilia Mariana na Coruña

Vixilia Mariana do Advento


Con María, peregrinos da fe e do evanxeo” foi o lema da Vixilia Mariana do Advento, que, organizada pola Delegación de Apostolado Segrar, se desenvolveu o día 5 deste mes de decembro na igrexa dos dominicos na Coruña.







Algo máis dun centenar de persoas, pertencentes ás asociacións e movementos e ás distintas parroquias da cidade, participaron nesta vixilia que funde nunha celebración os elementos do tempo litúrxico e a mensaxe de esperanza que a Igrexa celebra na festa da Inmaculada.
Así o xustificaba a introdución da vixilia:
"No principio do Advento reunímonos para gabar a Deus polo misterio da lnmaculada Concepción de María e por ela fortalecer a nosa fe e a nosa esperanza. Ela é boa noticia, argumento de esperanza, primicia de salvación.
 Non nos cansamos de mirar e admirar a luminosa beleza e a veciña santidade desta muller, que rematou sendo Nai de Deus e tamén nai nosa.
Salientaremos especialmente a súa fe firme e amante en Deus, vivida como acollida, como camiño de encontros e como servizo de fraternidade e comuñón.
Nesta noite queremos mirarnos no seu espello e sentir a súa proximidade gratificante."





A celebración rematou cunha homenaxe simbólica dos presentes reunindose ao arredor da imaxe de María Inmaculada ofrecéndose para ser coma ela, na nosa sociedade, creadores de esperanza, camiñantes de amor e testemuñas da fe e do evanxeo de Xesucristo.



Pastoral Santiago
Texto e imaxes

No hay comentarios: