Proclama a miña alma a grandeza do Señor,
alédase o meu espírito en Deus o meu Salvador”








26.2.11

De música

Na reunión da Escola de  Catequistas de Larín estivemos a falar de Música para a Eucaristía.  Que vos parece esta invitación?

Curso sobre Música, Liturxia e Vida
Sábado 19 de febreiro en Santiago (A Salle)
Organiza: Escolas Católicas de Galicia

OBXECTIVOS:
  • Preparar o camiño do Amor, que se achega á persoa “agachada” debaixo de cada responsable, sacerdote, catequista ou docente.
  • Recoñecer e analizar os tesouros da liturxia. Renovar a visión da música e da liturxia dende unha perspectiva bíblica.
  • Mellorar as competencias celebrativas das/os docentes, catequistas e axentes de pastoral.
  • Integrar os coñecementos musicais e litúrxicos na actividade docente e catequética, para empregalos de xeito creativo e construtivo.
  • Utilizar axeitadamente os distintos recursos e instrumentos para facer máis viva a liturxia.
  • Manifestar unha actitude positiva, integradora e actual diante da tradición litúrxica cristiá.
  • Valorar a música e a liturxia como integrantes da nosa cultura, dende un punto de vista histórico e polo seu papel na sociedade. 

No hay comentarios: