Proclama a miña alma a grandeza do Señor,
alédase o meu espírito en Deus o meu Salvador”








5.7.09

Evanxeo do domingo XIV do Tempo Ordinario

DomingoXIV

View more documents from Colata.

Amigos, por enredar demasiado co remate do curso académico, non enredei suficientemente cos textos evanxélicos, e quedei en débeda convosco.

Reparo parcialmente esa débeda mandando tamén o evanxeo do domingo pasado.
O deste domingo pon en evidencia a capacidade destrutora dos prexuízos, que nos impiden achegarnos ás persoas tal como son, ou mellor aínda, sexan como sexan, recoñecendo nelas a súa dignidade de persoas e de fillos amados de Deus (que pode estar estragada, deteriorada ou esquecida ou non asumida), aínda que nós sintamos por eles as antipatías máis alérxicas. ¡Coidado coas alerxias! Teñen demasiado de componentes ideolóxicos e nada de evanxélicos…

A nosa mentalidade pode ser o eficaz filtro que impide que o evanxeo chegue ao corazón, porque non pasa da cabeza… Por iso falamos sempre de conversión, sempre inacabada, sempre mostrándonos as zonas escuras do ser, onde temos medo de entrar…

¿Existe xente coa que non queremos nin desexamos nin esperamos ter que falar, porque xa sabemos como son? (¡Se cadra ten nome de bispo, ou de crego, ou a etiqueta dunha asociación, familia espiritual…!)
Os nazarenos coñecían demasiado ben a Xesús e a súa familia e xa sabían o que podían esperar del. A conclusión é tremenda: por esa vía o que conseguimos é nada, o baleiro total, o silencio frío da indiferencia. Nin sequera lle permitimos a Xesús “tocarnos”…
Unha aperta a todo@s

Andrés GV

No hay comentarios: