Proclama a miña alma a grandeza do Señor,
alédase o meu espírito en Deus o meu Salvador”








12.4.14

Dolorosa















A Dolorosa perecorreu onte, un ano máis,  as rúas da Pescadería, milleiros de persoas a acompañaron no seu percorrido procesional presidido polo Exmo. Sr. Arcebispo Don Xulián Barrio. 
Na Rúa Real, a Coral da Casa do Mar coa adicoulle a tradicional  Salve Mariñeira que chega sempre aos corazóns con especial emoción, e máis este ano de tantos accidentes marítimos.
Xa de volta á entrada da Rúa de San Nicolás, un grupo de devotos cantou a Salve Popular.
No atrio de San Nicolás, foi recibida pola Coral Polifónica O Eco  interpretando o  Stebat Mater.
Na súa casa, San Nicolas, estremecéronse os corazóns ao son da súa Salve:

"Salve Reina y madre nuestra  
oye el cántico que entona
el pueblo de tus amores.

 
Santa Madre del Dolor,
es el alma coruñesa 
que te bendice y corona, 
haciendo suyas tus penas
    te entrega todo su amor"

http://www.ordenterceraciudadviejacoruna.es/