Proclama a miña alma a grandeza do Señor,
alédase o meu espírito en Deus o meu Salvador”








Mostrando las entradas con la etiqueta Peregrinación. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Peregrinación. Mostrar todas las entradas

26.5.09

Nosa Señora agarda


Na hora da despedida,

marchamos, Pontevedra,

con tantas lembranzas

que saber non sabemos

como dar as grazas.



No alto de Pastoriza,

a Nosa Señora agarda

a vosa visita amada,

Santa María, vos guía.



¡Adeus Pontevedra!


¡Gracias!





























Rianxeira da Virxe de Pastoriza




A Virxe de Pastoriza
velaí vai na súa barca,
alá no medio do mar,
tódalas augas aparta.

A Virxe de Pastoriza
queda sentada na porta,
para ver aos seus romeiros
como lle suben a costa.

Pescador que estás pescando,
péscame unha robaliza,
para levar de regalo
á Virxe de Pastoriza.


A Virxe de Pastoriza
ten o camarín de pedra,
¡ben o podería ter de prata,
miña Virxe se quixera!

A Virxe de Pastoriza
ten unha galiña branca,
que cando lle botan millo
para de comer e canta.

Miña Virxe de Pastoriza,
a das ovelliñas brancas,
tírame esta espiña negra,
que se me cravou na alma.


A Virxe de Pastoriza
ben a vín pola vidreira,
algo moreniña queda,
por causa do sol que a queima.


Adeus ás ostras do Burgo,
e ás ostras do Pasaxe.
A Virxe de Pastoriza,
nos dea a todos boa viaxe.

Música da rianxeira

25.5.09

A Virxe de Pastoriza tódalas augas aparta



















Ao remate da visita,
todo o mundo canta,
con ondas de rianxeira
unhas mariñeiras coplas
á nosa Virxe adicadas,
por estas amables xentes
que con tanto cariño,
a súa visita agardaban.

E agora na despedida, Pastoriza baila!


As "porteadoras" da Virxe, non resistiron tan fermoso cantar,

e a Raíña do mar cheas de ledicia fixeron bailar.

¡Bravo rapazas, cantaba!

A nosa mocidade, gravaba!

Graciñas Salomé Velo Fenández

que non farás tí pola Nosa Señora!

24.5.09





















Celebración Eucarística













Ofrenda






A Sra. alcaldesa de Arteixo dona Pilar Souto realiza no nome da Parroquia unha ofrenda floral a Santa María a Maior.

¡Querémoste, Pastoriza nosa!




Pastora:

¡Guapa, guapa e guapa!












Raiña de Pastoriza,
querémoste,
contigo estamos
¡Pastoriza nosa!




Benvida


E sorrindo,

a Raíña da Terra, agarda.

Pastoriza peregrina
















Con flores e cantos os nenos















Os nenos e as nenas, cantan,

e unha ofrenda floral

coas súas manciñas mornas

e gran cariño preparan,

para a Pastora que vén.


Agradecida


Pila agradece emocionada

tantas atancións prestadas,

a súa voz se rompe

na lembranza

de dona Teresa Barba...

Santa María a Maior agarda
















Á espera a presidenta da Confraría escoita,
todos lle cantan á Peregrina,
todos a agasallan á Pastora
dos nosos corazóns Señora.

Pastoriza peregrina a Santa María a Maior


























Preparada para a visita, a nosa Pastora avanza


22.5.09

Santa María de Pastoriza, Peregrina

A Confraría de Santa María de Pastoriza. tomou con entusiasmo a iniciativa proposta polo noso párroco D. Xosé, de peregrinar como un dos santuarios máis antigos de Galicia a Santa María a Maior de Pontevedra, que está a rematar con grande éxito o seu ano Xubilar co gallo do seu milenario como parroquia, e a celebralo coa Nai acudiron moitos devotos de toda Galicia.
Na compaña de Nosa Señora de Pastoriza, Peregrina, parte mañán cara Pontevedra, con alegría e cheos de amor a María, que xa nos espera, un nutrido grupo de fregreses e Confrades.
Sumaráse tamén á peregrinación a nova e entusiasta Parroquia de Nosa Señora dos Rosales da Coruña, que celebra o primeiro anivesario da bendición do seu novo templo, antigo e novo amor a María se unen en Pontevedra.
Levaremos tamén no noso corazón a moitos devotos e devotas que están xa á sua beira no ceo como a nosa querida señora Teresa, que tantos anos a coidou e amou.
In memoriam

Pastoriza hoxe, Peregrina mañá

"A Virxe peregrinando,
achegouse a Pontevedra,
e a súa ría admirando
quedou prendadiña dela.
Mollando os seus pes nas augas
que estaban claras e frescas...
E, dende entón está a Virxe.
Peregrina, en Pontevedra!"
ORACIÓN A SANTA MARÍA DE PASTORIZA
Santa María de Pastoriza,
Amada de Dios,
Madre de Jesús y Madre mía.
Acudo peregrinante
para poner a tus pies
la ofrenda de mi amor
y suplicar confiado
que me acrecientes la fe.
Santa María de Pastoriza,
protege a los que amo,
y en tu mirada maternal
encuentre ante el dolor,
fortaleza y alivio.
Santa María de Pastoriza,
Madre bien amada:
¡Ampárame en el camino!
(Rezo de tres padrenuestros)
M.C.R.

30.3.09

Peregrinación a Pontevedra

La Cofradía de Nuestra Señora de Pastoriza organiza una peregrinación a la Real Basílica de Santa María la Mayor de Pontevedra para ganar el Jubileo concedido con motivo del milenario de su bendición y acompañar la imagen de la Virgen de Pastoriza a dicho Santuario.

Programa:

-Día: Sábado-23 de mayo
-Salida: 10 de la mañana

-Visita lugares turísticos de As Rías Baixas

-Comida: Restaurante a Portuguesa-Meaño

7. Misa solemne

-Precio: Cofrades 25 euros
Demás peregrinos 30

-Ultimo día de inscrpción: 3 de mayo
Don José