Proclama a miña alma a grandeza do Señor,
alédase o meu espírito en Deus o meu Salvador”








12.7.09

Evanxeo do domingo XV do Tempo Ordinario



Amigos, o Señor non soamente nos confía a súa palabra, e que a pon no noso corazón e nos nosos labios. É unha palabra dóce no padal pero amarga e ardente no estómago, pois como sabedes, é unha palabra mol, que fala de paz, amor, xustiza, grandeza, nobreza, dignidade, pero non se dixire, asume, senón con renuncia, desapego, entrega xenerosa, sacrificio persoal… Si, xa sei, Deus non desexa outra cousa senón a nosa plenitude e felicidade, pero nós obstinámonos en pensar que iso pasa pola busca da propia satisfacción, ata que un día o mesmo Señor nos fai ver que a satisfacción se nos dá cando nos olvidamos dela… Ándavos todo un pouco ao revés…
Pois ben, se a túa palabra non fende nin ofende, non separa nin humilla, non engana nin enlea, xa vas purificando a boca, como lla purificaron a Isaías co remol do altar… Pero aínda che falta a gran palabra, a que soamente podemos pronunciar cando nola dá o Espírito: o nome de Xesús, o nome que namora e que salva.

Bicos e apertas a todos.
Andrés GV

No hay comentarios: