A Virxe de Pastorizavelaí vai na súa barca,alá no medio do mar,
tódalas augas aparta.A Virxe de Pastoriza
queda sentada na porta,para ver aos seus romeiroscomo lle suben a costa.
Pescador que estás pescando,
péscame unha robaliza,
para levar de regalo
á Virxe de Pastoriza.
A Virxe de Pastoriza
ten o camarín de pedra,
¡ben o podería ter de prata,
miña Virxe se quixera!
A Virxe de Pastoriza
ten unha galiña branca,
que cando lle botan millo
para de comer e canta.
para de comer e canta.
Miña Virxe de Pastoriza,
a das ovelliñas brancas,
tírame esta espiña negra,
que se me cravou na alma.
A Virxe de Pastoriza
ben a vín pola vidreira,
algo moreniña queda,
por causa do sol que a queima.
Adeus ás ostras do Burgo,
e ás ostras do Pasaxe.
A Virxe de Pastoriza,
nos dea a todos boa viaxe.
Música da rianxeira
No hay comentarios:
Publicar un comentario