Poñémonos en contexto parroquial da Pascua do enfermo con este evanxeo que fala de permanecer no amor, gardar os mandamentos de Xesús, contar coa súa amizade e practicar todos os mandamentos nun só: o amor de Xesús e coma Xesús. Un amor que consiste en dar a vida polas persoas amadas. Os voluntarios e membros de equipos de Pastoral da Saúde, os acompañantes de doentes de Alzheimer ou simplemente senís, os coidadores e coidadoras de discapacitados, os pacientes compañeiros dos enfermos psíquicos conforman toda unha variada mostra do que é entregar a vida, dar o tempo, desvivirse (perder a propia vida) polo amigo. Este é o gran amor que non ten o consolo da compensación nin o pagamento da correspondencia agradecida. O gran Amor de heroísmo silencioso, moitas veces esgotador. O amor que funde a persoa no ser de Deus, pois -2ª lectura- Deus é amor. O acompañamento e consolo dos enfermos é unha desas realidades eclesiais máis vivas e estendidas pero menos visibles, apesar da súa frecuencia e da riqueza desa entrega sen límites. Unha tarefa de saúde e salvación, un labor “divino”.
Grazas a Deus por eles.
Grazas a eles e a Deus.
Apertas e bicos,
Andrés GV
“Proclama a miña alma a grandeza do Señor,
alédase o meu espírito en Deus o meu Salvador”
18.5.09
Evanxeo do domingo VI de Pascoa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario