Proclama a miña alma a grandeza do Señor,
alédase o meu espírito en Deus o meu Salvador”








26.11.11

Vixilia de Adviento


Un ano máis a  Delegación de Apostolado segrar convídanos a participar na Vixilia de Adviento, nona perdades, apunta na túa axenda, con prioridade, deixa todo e di:

Sí, como María, como a Nai, Sí!

"Esta Delegación, desde hai catro anos, convoca o laicado da Vicaría da Coruña para, en torno a María, preparar o tempo de Advento. María é a primeira que acolle a Palabra do Señor para facer dela vida propia no sentido literal da expresión. A Palabra, o Verbo, invade o ser de María coma o froito do Espírito que a enche e alaga no amor de Deus.


O día 5, nos Dominicos da Coruña, presididos polo pastor diocesano poñeremos os ollos en María para que ela nos faga ver que tamén en nós resoa a Palabra coa que Deus nos chama, nos bendí e nos fai seus.

Ao honrarmos a María coma Oínte, Orante, Oferente, María do O, ábrese para nós o horizonte da salvación, pois as promesas de Deus xa se cumpren nela, a servidora fiel da Palabra: "Velaquí a servidora do Señor, fágase en min a túa palabra".

A celebración deste ano 2011 distribúese en catro partes, seguindo a estrutura do Angelus.. Cada unha das frases do recitado tradicional serve de motivación e título para cada unha das partes da celebración.

Reportaxe da celebración en Pastoral Santiago

Palabras de D, Xulián

No hay comentarios: