Proclama a miña alma a grandeza do Señor,
alédase o meu espírito en Deus o meu Salvador”








26.2.11

Escola de Catequistas de Larin

El silencio nos prepara a un nuevo encuentro con Dios.
En el silencio, la palabra de Dios puede alcanzar los rincones más ocultos de nuestro corazón.



Na reunión da Escola de Catequistas celebrada onte 25 ás oito da tarde no local social de Paisaco, á que asistiron,  coma sempre, un grupo de catequistas entrañable e preocupadas pola súa formación, das parroquias de San Estebo de Larín, San Martiño de Lestón, acompañados polo seu parroco D. Jacinto Collazo e Santa María de Pastoriza, foron tratados os seguintes temas:
Na primeria parte de Reunión, (o Ser do catequista) consistíu na oración con unha personaxe do Evanxeo, partindo do relato da curación de Bartimeo ( Marcos, 10, 46.52)

No apartado do Saber do catequista, continuamos co estudo da Biblia, profundizando na inspiración, formación do Antigo Testamento, Pentateuco e analizando os dous relatos da Creación.

A continuación dedicamos un apartado a Canto e Liturxia:
  • Canto de entrada
  • Salmo responsorial
  • Santo
Rematou a reunión con unha oración en común e sinalouse o venres 25 de marzo como data da próxima reunión.

No hay comentarios: