Os nenos e nenas da Catequese de San Roque de Meicende prepararon hoxe o nacemento, nel non falta nada, porque está cheo de ilusión da espera: agardando o día que veña o Señor.
Colaboraron tamén con moito entusiasmo as pais e as nais na montaxe e decoración e foi unha festa de alegría e cariño compartido cos seus fillos e fillas e os catequistas.
O próximo día 20, lembrade que os pais e nais dos nenos e nenas que van facer a Primeira Comuñón tedes unha cita con D. José as cinco e cuarto.
E tamén unha sorpresa que están a preparar todos, para agasallar ao Neno que está a chegar, preparádevos que ides chorar de emoción.
A continuación a festa de Catequese coma todos os anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario