Festa dos santos arcanxos Miguel, Gabriel e Rafael. No día da dedicación da basílica baixo o título de San Miguel, na vía Salaria, a seis miliarios de Roma, celébranse xuntamente os tres arcanxos, de quen a Sacra Escritura revela misións singulares e que, servindo a Deus día e noite, e contemplando o seu rostro, a el glorifican sen cesar. Son os nomes con que se presentan na Sacra Escritura estes tres príncipes da corte celestial.
Miguel aparece en defensa dos intereses divinos ante a rebelión dos anxos malos.
Miguel aparece en defensa dos intereses divinos ante a rebelión dos anxos malos.
Gabriel, enviado polo Señor a diferentes misións, anunciou á Virxe Maria o misterio da Encarnación do Fillo de Deus e a súa maternidade divina.
Rafael acompañou ao mozo Tobías cando cumplia un difícil encargo e ocupouse de solucionar difíciles asuntos da súa esposa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario